A mellor sopa do mundo

14,90 

Nun lugar escondido do bosque unha pequena cabana tiña a luz acendida. Pola cheminea saía fume: Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que nese momento poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa. A medida que van chegando os hóspedes ofrécenlle: cenorias froitos vermellos cebolas mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola. Mentres fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa todos cren que é a mellor do mundo e abraiados pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final «Tartaruga desvélalles o seu segredo.

Carrito de compra
Scroll al inicio