Unha guía esencial para mozas e mozos que comezan a etapa da puberdade escrita con claridade e rigor. Que é a menstruación Que teñen que ver os cambios coa reprodución Que é a masturbación Estas son só tres das moitas preguntas ás que Puberdade en marcha dá resposta de forma clara e dinámica incluíndo consellos refutando mitos e animando a formularse preguntas que poder compartir con outros adolescentes. Nunha etapa vital de grandes cambios de incertezas e confusión este libro escrito por tres profesionais novas comprometidas coa educación sexual integral ofrece información cun estilo fresco e amigable para axudarlles aos e ás adolescentes a entender o que lles está a pasar. Tamén aborda temas importantes como a toma de decisións as relacións interpersoais os ideais de beleza e a seguranza en Internet.





