Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro a aldea da súa avoa e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais o acoso escolar a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade a tenrura e o humor esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento pero onde tamén afloran os afectos a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume «aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.
“Oxford Bookworms Library 2. Huckleberry Finn MP3 Pack” se ha añadido a tu carrito. Ver carrito





